Pontevedra non dedicará rúas a José Rivas Fontán, Francisco Cobián e Juan Luis Pedrosa

Pontevedra
20 de setembro 2021

Nun pleno que comezou gardando un minuto de silencio polo recente falecemento do ex alcalde, Francisco Cobián, a corporación rexeitou dedicar tres cales da cidade para homenaxear aos rexedores que tivo Pontevedra desde a chegada da democracia

Minuto de silencio no pleno polo falecemento de Francisco Cobián
Minuto de silencio no pleno polo falecemento de Francisco Cobián / Mónica Patxot

Nun pleno que comezou gardando un minuto de silencio polo recente falecemento do ex alcalde, Francisco Cobián, a corporación rexeitou dedicar tres cales da cidade para homenaxear aos rexedores que tivo Pontevedra desde a chegada da democracia.

O Partido Popular reclamaba incorporar ao rueiro aos alcaldes que tivo Pontevedra entre 1979 e 1999, José Rivas Fontán, Francisco Cobián e Juan Luís Pedrosa. "Es un acto de justicia", defendeu Rafa Domínguez na súa intervención.

Todos eles "sin excepción", sinalou Domínguez, traballaron por facer de Pontevedra "un sitio mejor". A cidade, engadiu, "es la que es, en parte, por el trabajo, el esfuerzo y la vocación de servicio público de todos ellos".

Bautizar tres cales cos seus nomes "es lo mínimo" que Pontevedra pode facer por tres persoas que "sufrieron un enorme desgaste personal y profesional".

Desde o goberno municipal, o concelleiro César Mosquera (BNG) criticou esta moción, que cualificou como "oportunista e inoportuna" e lembrou o acordo unánime da corporación para feminizar o rueiro da cidade e recuperar a toponimia tradicional.

A iniciativa popular, segundo Mosquera, "está fóra de lugar" e iría "radicalmente en contra" dos criterios regulados en Pontevedra. "Está acordado facelo de outra maneira", concluíu.

Ante a negativa de BNG e PSOE, que votaron en contra de incorporar aos tres ex alcaldes ao rueiro, Rafa Domínguez lamentou que en Pontevedra se goberne "desde o sectarismo, a rabia e o odio profundo", nomeando mesmo persoas non gratas na cidade.

Domínguez engadiu que, se os pontevedreses outórganlle a súa confianza e chega á Alcaldía, todos os ex alcaldes, incluído Miguel Anxo Fernández Lores, terán a súa rúa na cidade.