Pontevedra mantén o desfile de Entroido

Pontevedra
10 de febreiro 2024

O Concello de Pontevedra confirmou que mantén o popular desfile de Entroido a pesar da ameaza de choiva, tras consultar a distintos técnicos metereolóxicos e esperar unha mellor previsión durante a tarde

Valos preparados para acoutar o percorrido do desfile de Entroido
Valos preparados para acoutar o percorrido do desfile de Entroido / Mónica Patxot

Todas as miradas estaban postas no ceo, pero a ameaza de choiva parace que esta vez non vai poder cun dos principais actos do Entroido de Pontevedra, o seu tradicional desfile.

O Concello de Pontevedra confirmou pasadas as 11.00 horas deste sábado que mantén os actos previstos para a tarde deste 10 de febreiro.

A decisión tómase tras consultar a distintos técnicos meteorolóxicos coincidindo estes que "pola tarde o tempo será mellor que pola mañá", explican desde o gobnierno local.

Desta forma a Boa Vila poderá gozar do popular desfile con saída ás 17.00 horas desde a Rúa José Malvar e un percorrido que pasará por Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, Praza de España e a Rúa Alameda.

Ademais ás 20.00 horas está prevista unha festa na Praza da Ferrería na que se entregarán os premios aos mellores disfracez e agrupacións.

Arquivado en