Pontevedra madruga para votar e reláxase pola tarde, pero aínda por encima dos datos de 2016

Pontevedra
12 de xullo 2020
Actualizado: 18:18

Tras unhas primeiras horas nas que a participación se disparou, ata cinco puntos por encima da rexistrada hai catro anos, os pontevedreses tomaron a tarde con calma á hora de acudir a votar. Así, reflícteno os datos desvelados pola Xunta de Galicia

Xente votando nas eleccións galegas do 12X
Xente votando nas eleccións galegas do 12X / Cristina Saiz

Tras unhas primeiras horas nas que a participación se disparou, ata cinco puntos por encima da rexistrada hai catro anos, os pontevedreses tomaron a tarde con calma á hora de acudir a votar. Así, reflícteno os datos desvelados pola Xunta de Galicia.

O segundo avance de participación, desvelado ás cinco e media da tarde polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, revela que ata esa hora exerceron o seu dereito ao voto un 43,59% dos pontevedreses.

Aínda que máis moderado que á mañá, este rexistro mostra un aumento con respecto á participación nas eleccións de 2016, xa que a esta mesma hora votarían entón un 42,29% dos electores, é dicir, un 1,30% menos.

Pontevedra é a provincia na que máis crece a participación nestas eleccións.

Este crecemento da participación rexístrase en todas as provincias galegas que, no seu conxunto, sitúase nun 42,95% fronte ao 42,49% das eleccións de 2016.

Ás doce do mediodía, cando se fixo público o primeiro avance de participación, case un 20% dos pontevedreses madrugara para votar. Ata entón, votara un 19,80% dos pontevedreses incluídos no censo

Eran cinco máis da participación rexistrada á mesma hora nas eleccións de hai catro anos, nas que votaran un 14,21% dos electores.

No caso de toda Galicia, a participación situábase entón nun 19,32%, catro puntos máis que en 2016.