Pontevedra gastará 24 millóns de euros polo Día da Nai

Pontevedra
29 de abril 2018

Con motivo da celebración do Día da Nai de 2018, a Federación de Comercio de Pontevedra saíu ás rúas dos distintos municipios pontevedreses para preguntar á xente sobre os seus hábitos de consumo nun día tan sinalado. Calcúlanse que as ganancias rozarán os 24 millóns de euros

Filla e nai
Filla e nai / Alfonso Benayas

Con motivo da celebración do Día da Nai de 2018, a Federación de Comercio de Pontevedra saíu ás rúas dos distintos municipios pontevedreses para preguntar á xente sobre os seus hábitos de consumo nun día tan sinalado. Calcúlanse que as ganancias rozarán os 24 millóns de euros. 

O primeiro domingo do mes de maio, que este ano cadrará o día 6, as nais convértense en protagonistas e celebran o día comendo cos seus fillos, quen a maiores teñen un detalle con elas e cómpranlles algún agasallo. Entre os máis comúns atópanse desde artigos de perfumería e cosmética, pasando por xoiería, bolsos, roupa e flores ata utensilios para a casa, como televisores ou neveiras. 

As enquisas levadas a cabo pola Federación de Comercio a mil duascentas persoas estiman que aqueles que se atopan entre os 30 e 49 anos serán os máis xenerosos, investindo unha media de 64,58 euros. Doutra banda, as persoas de entre 15 e 29 anos serán quen máis agasallos realizarán, alcanzando o 75% do grupo. 

Respecto das comidas, o 40% dos cidadáns acudirá a un restaurante e gastará entre 25 e 40 euros. O resto celebrará o día comendo na casa dos seus pais, según a institución provincial.

O Día da Nai supoñerá un beneficio económico para a hostalería e o comercio, chegando a facturar 23.484.366,68 euros segundo calculou a Federación.