Pontevedra estrea 'amigos'

Pontevedra
13 de agosto 2016

Un ano máis, a asociación 'Amigos de Pontevedra' acudiu fiel á cita coa Peregrina e ha entregados os premios cos que recoñecen o traballo de persoas e entidades que "contribuíron ao engrandecimiento da nosa cidade". Este ano tocoulle a Lago Aves, Ovos e Caza, S.A.;  Amencer-Aspace; Luisa Vázquez de Silva, 'Lulú' Teresa Fernández-Valdés Calderón; José Verea Montero; Alberto Rodríguez Costa; e José Manuel García Sieiro

Entrega de premios Amigos de Pontevedra 2016
Entrega de premios Amigos de Pontevedra 2016 / Diego Torrado

Un ano máis, e xa van 45, a asociación 'Amigos de Pontevedra' acudiu fiel á cita coa Peregrina e entregou os premios cos que cada agosto recoñecen o traballo de persoas e entidades que, dalgunha forma, "por prestixio ou traballo, contribuíron ao engrandecimiento da nosa cidade". Este ano tocoulle a cinco persoas, unha asociación social e unha empresa que, como xa é habitual, asistiron á comida organizada no restaurante do Pazo da Cultura cos seus familiares. 

A empresa premiada este ano é Lago Aves, Ovos e Caza, S.A., situada en Campañó e da que acudiu á comida de entrega do premio unha ampla representación dos empregados. A entidade recibiu o seu recoñecemento foi a asociación de atención a persoas con parálise cerebral e afíns Amencer-Aspace, da que tampouco fallaron usuarios no Pazo. 

A título individual, foron recoñecidas as figuras da centenaria Luisa Vázquez de Silva, 'Lulú', unha habitual en puntos neurálxicos da vida social na cidade como a praza da Ferrería; a produtora e guionista de cinema e televisión Teresa Fernández-Valdés Calderón, de Bambú Producións; o ex director da Sociedade Polifónica de Pontevedra José Verea Montero; o médico e escultor Alberto Rodríguez Costa; e o tenente xeral do Exército de Terra e ex director xeral do Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA) José Manuel García Sieiro

Para coñecer máis a fondo aos 'amigos' deste ano, PontevedraViva Radio realizou entrevistas a Teresa Fernández-Valdés Calderon e a Emilio Lago,de Lago Aves, Ovos e Caza, S.A.. Ambas poden volver escoitarse nos podcast publicados na web.

Arquivado en