Miles de persoas amontoáronse nas rúas de Pontevedra para presenciar, un ano máis, o enfrontamento pacífico máis coñecido da Semana Grande das Festas da Peregrina, a Batalla de Flores.
A marcha encabezada por xigantes e cabezudos era seguida pola agrupación folclórica Xoldra que daba paso á carroza dos Picapedra que era perseguida pola casa de Bob Esponja. Detrás deles, a carroza Castelo e Heraldos do Casino Mercantil e o grupo Funky Style. A seguinte carroza pertencía á Zona Monumental e tiña como temática o conto infantil Blancanieves, a bruxa e os sete enanintos que eran amenizados polo grupo de música tradicional Os Alegres.
Monstruos deixaban paso á carroza baseada na película Liberad a Willy e a continuación presentábanse os Hipocampos que daban paso á carroza Star Wars del Liceo Casino. Tras eles, a Charanga Apeles e a recreación da Sireniña coa carroza da Deputación Provincial, o grupo Os de Algures e Dixie New Orleans. A carroza Disney ofrecía a mellor das películas desta factoria e a música soaba da man da charanga musical Rivel e a agrupación Os Trazantes de Tenorio. A Federación Provincial de Comercio presentou a carroza Flamencos que era seguida pola agrupación folclórica Algueirada e por unha quenlla xigante. O desfile finalizaba coa carroza Emperador Kuzko de Supermercados Froiz e con animacións do circo Fanfaria.