Pontevedra entra na súa Semana Grande

Pontevedra
10 de agosto 2013

O pregón da actriz Andrea Bayer no Pazo de Mugartegui dá o pistoletazo de saída ás Festas de Peregrina 2013. A cidade lerezana encara con enerxía unha semana chea de actividades e diversión

Pregón das Festas da Peregrina 2013 a cargo de Andrea Bayer
Pregón das Festas da Peregrina 2013 a cargo de Andrea Bayer / PontevedraViva

As Festas da Peregrina xa están aquí. Pontevedra entrou oficialmente na súa Semana Grande cun orixinal pregón a cargo da actriz, directora e guionista Andrea Bayer.

A Boa Vila prepárase así para un intenso calendario de actividades e festexos coa enerxía que a propia Bayer quixo transmitir aos asistentes ao pregón, nunha poboada Praza de Mugartegui.

Andrea Bayer: "esta cidade achegoume ao mundo da cultura e deume a oportunidade de ser quen son hoxe en día"

Bayer, despois de ser presentada pola concelleira de Festas Carmen da Silva e facendo honra á súa profesión, deleitou aos presentes cun conto, o dun caracol chamado Cascarolo: "esta cidade achegoume ao mundo da cultura e deume a oportunidade de ser quen son hoxe en día porque Pontevedra, quitando algúns días de malos cheiros, ole a cultura, reborda arte por cada pedra. Así que hoxe, como pregoeira das Festas da Peregrina 2013, quero devolvervos a todos os pontevedreses o que algún día me agasallou esta cidade, un conto".

A actriz pechou a súa intervención cunha breve colaboración do boneco Roque. Xuntos deron a testemuña que o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores procedera a lanzar o chupinazo que abre oficialmente os festexos, non sen antes berrar xuntos un enérxico "que comecen as Festas da Peregrina 2013!".

Arquivado en