As cifras da pandemia superaron unha barreira máis, triste barrea ao sumar o falecemento número 300 na área sanitaria pontevedresa dun paciente con positivo activo por coronavirus.
Así o confirmou este mércores 29 de xuño a área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés tras sumar ás súas estatísticas a morte dunha muller de 96 anos, que presentaba un cadro patolóxico previo á súa infección por covid.
Trátase do noveno falecemento na área pontevedresa durante o mes de xuño.
En canto ao número de hospitalizacións este mércores son 77 os pacientes ingresados na comarca, tres máis que o martes aínda que nesta ocasión todos eles evolucionando en planta entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (68) e o Hospital do Salnés (9).
O Servizo Galego de Saúde mantén vixilancia na actualidade sobre 1.356 casos activos de coronavirus en Pontevedra e O Salnés.