Pontevedra destinará 36.000 euros para supervisar a seguridade das atraccións das festas

Pontevedra
03 de xuño 2014

O voceiro do goberno local, Raimundo González destacou que para o a seguridade deste tipo de instalacións é fundamental, de aí que se entenda que este é un gasto máis que xustificado. O Concello de Pontevedra foi pioneiro en Galicia en poñer en marcha este tipo de inspeccións

Noria instalada na Alameda de Pontevedra
Noria instalada na Alameda de Pontevedra / Juan Mejuto

O Concello de Pontevedra destinará uns 36.000 euros á contratación dunha empresa especializada para que supervise a instalación das atraccións festivas que se montarán os próximos meses de xullo e agosto con motivo das festas de verán de Santiaguiño do Burgo e a Peregrina.

Nos últimos anos véñense instalando unha media de 15 aparatos nas festas de Santiaguiño do Burgo e o dobre para a Peregrina.

A empresa Enmacosa foi ata agora a adxudicataria deste contrato, fundamentalmente porque ata o ano pasado era a única de Galicia acreditada para estas tarefas.

O voceiro do goberno local, Raimundo González destacou que para o a seguridade deste tipo de instalacións é fundamental, de aí que se entenda que este é un gasto máis que xustificado. O Concello de Pontevedra foi pioneiro en Galicia en poñer en marcha este tipo de inspeccións.