O goberno local de Pontevedra quixo pór en valor o traballo que se está a facer no eido da educación "como motor de desenvolvemento humano, social e económico" e fíxoo este xoves a través das mestras xubiladas.
A Concellería de Educación organizou co gallo do Día Internacional da Cidade Educadora un acto de recoñecemento á figura do mestre que se desenvolveu na Casa da Luz.
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Educación, Carme Fouces, recibiron a unha representación de docentes xubilados co fin de recoñecer o seu labor e adicación.
Arroupando a estes veteranos educadores acudiron ao acto medio cento de escolares de sexto de Primaria do CEIP Praza de Barcelos que lles adicaron un agarimoso aplauso de agradecemento.
A recepción, con foto de familia incluída, non deixou de lado o manifesto da Asociación Internacional de Cidades Educadoras da que Pontevedra forma parte.