As cifras de desemprego na cidade de Pontevedra, seguindo a tónica xeral do país, subiron no mes de outubro. Un total de 129 persoas máis figuran nas listas do paro, segundo desvelou este xoves a Consellería de Economía, Emprego e Industria. Así, o número de desempregados no Concello de Pontevedra alcanza os 6.624 pontevedreses, un 1,94% más que o mes anterior.
O mesmo sucede en case todos os municipios do ámbito de influencia da capital. Coa fin da campaña de verán, crece o desemprego nas vilas con maior proxección turística, especialmente no Salnés. Con todo, hay tres excepcións: Cuntis e, en menor medida, Caldas de Reis e A Lama, que teñen menos veciños buscando traballo que en setembro.
Outubro 2016 | Setembro 2016 | Variación | |
Pontevedra | 6.624 | 6.495 | 129 |
Barro | 353 | 318 | 35 |
Bueu | 843 | 810 | 33 |
Caldas de Reis | 837 | 841 | -4 |
Cambados | 1.124 | 1.044 | 80 |
Campo Lameiro | 161 | 155 | 6 |
Cotobade | 352 | 333 | 19 |
Cuntis | 346 | 381 | -35 |
O Grove | 949 | 772 | 177 |
A Illa de Arousa | 323 | 292 | 31 |
A Lama | 197 | 199 | -2 |
Marín | 1.900 | 1.861 | 39 |
Meaño | 427 | 367 | 60 |
Meis | 400 | 357 | 43 |
Moraña | 405 | 383 | 18 |
Poio | 1.242 | 1.169 | 73 |
Ponte Caldelas | 576 | 545 | 31 |
Portas | 224 | 215 | 9 |
Ribadumia | 365 | 341 | 24 |
Sanxenxo | 1.245 | 1.053 | 198 |
Vilaboa | 458 | 446 | 12 |
Vilagarcía de Arousa | 3.740 | 3.577 | 163 |
Vilanova de Arousa | 834 | 784 | 50 |
DATOS PROVINCIAIS
O desemprego creceu en España, en Galicia e en Pontevedra no mes de outubro. Os datos entran dentro do esperado, pero as estatísticas do Ministerio de Emprego deixan un panorama pouco desexable na provincia pontevedresa, é a que experimentou un maior crecemento da comunidade o mes pasado, con 2.649 demandantes de emprego máis que un mes antes.
O mercado laboral baseado no emprego temporal do sector servizos deixou esta subida do paro en outubro despois dun comportamento positivo durante todo o verán. Superado setembro e os empregos estacionales, na provincia había 80.068 demandantes de emplo ao fin do mes de outubro. O dato supón un incremento de 2.649 persoas e o 3,42% con respecto ao mes anterior.
As cifras son, con todo, máis positivas que hai un ano. Na comparativa interanual, hai 9.669 demandantes de emprego menos que en outubro de 2015 ou, o que que é o mesmo, un 10,77% menos persoas inscritas no servizo público de emprego (SEPE) que hai doce meses.
En Galicia o número de inscritos nas oficinas de emprego creceron en outubro en 4.604 persoas, isto é, máis da metade dos novos demandantes de traballo na comunidade eran dalgún concello da provincia pontevedresa. En concreto, o 57,5% dos galegos.