Pontevedra, con 33 desempregados máis, rompe a tendencia á baja do paro en marzo

Pontevedra
04 de abril 2017
Actualizado: 17:47

Pola contra, houbo 344 desempregados menos na provincia durante o mes de marzo. O paro tamén baixaba durante este mes en Galicia. 1.868 persoas que se atopaban nas listaxes de desemprego lograron traballo durante este mes situándose a cifra de desocupados na comunidade autonóma en 210.056 persoas

Traballador do sector servizos
Traballador do sector servizos / Mónica Patxot

A cidade de Pontevedra levou a contraria, neste mes de marzo, con respecto á tendencia á baixa que seguiron os datos de desemprego. Un total de 33 pontevedreses sumáronse en marzo as listas do paro na capital da provincia, segundo desvelou a Consellería de Economía, Emprego e Industria. Así, o total de demandantes de emprego na cidade elévase ata as 6.858 persoas, un 0,48% máis que en febreiro.

Con respecto ao resto de concellos da área de influencia de Pontevedra, rexistráronse datos desiguais. Así, fronte o notable descenso do paro en localidades como O Grove, Marín, Meis, Poio ou Sanxenxo, tamén se produciron incrementos en Meaño, Ribadumia, Ponte Caldelas, Vilagarcía ou Vilanova de Arousa.

     Marzo      Febreiro     Variación
Pontevedra6.8586.82533
Barro3573561
Bueu955958-3
Caldas de Reis903914-11
Cambados1.3201.329-9
Campo Lameiro159177-18
Cerdedo-Cotobade4704664
Cuntis396404-8
O Grove1.1191.150-31
A Illa de Arousa3823802
A Lama207216-9
Marín1.9942.029-35
Meaño49147912
Meis404437-33
Moraña433442-9
Poio1.3191.350-31
Ponte Caldelas6166097
Portas259262-3
Ribadumia41639719
Sanxenxo1.3701.403-33
Vilaboa505520-15
Vilagarcía de Arousa4.1324.07755
Vilanova de Arousa      96994227

 

DATOS PROVINCIAIS

O Servizo Público de Emprego Estatal emitiu os datos do desemprego rexistrado durante o mes de marzo. As cifras sinalan que na provincia de Pontevedra rexístranse 84.394 parados, 344 menos que durante o mes de febreiro, un descenso do 0,41% segundo os datos relativos. Respecto ao mesmo mes de 2016, o descenso alcanza as 7.920 persoas (-8,58%), segundo os datos ofrecidos polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Tamén en Galicia, os datos resultaron positivos ao comprobar que 1.868 persoas (-0,88%) atoparon emprego ao longo do pasado mes. Desta forma, en comparación co ano anterior, Galicia conta con 21.741 desempregados menos que en marzo de 2016 (-9,38%). Na actualidade, o número de parados na Comunidade Autónoma sitúase en 210.056 persoas.

Arquivado en