Por segundo mes consecutivo, a cidade de Pontevedra logrou reducir as dramáticas listas do paro. Segundo os datos recollidos polos servizos públicos de Emprego, 206 persoas encontraron traballo en marzo. Tras este descenso, 8.666 pontevedreses seguen rexistrados como demandantes de emprego. ÿ un 2,32% menos que no pasado mes de febreiro.
Marzo reportou unha baixada nas cifras de paro en case todos os sectores, pero principalmente na construción, onde encontraron traballo 88 persoas (1.277 desempregados en total). Tamén hai menos demandantes de emprego no sector servizos, con 75 pontevedreses menos nas listas do paro (5.659); na industria, onde se empregaron 52 traballadores (820); ou na agricultura e a ganderia, con catro parados menos (184). Tan só se aumentou o desemprego no colectivo sen emprego anterior, con 13 persoas máis (726).
Con respecto a outros concellos, o mes de marzo tamén foi positivo. O Grove, con 60 parados menos (1.400); Marín, con 42 menos (2.663); Sanxenxo, con 39 menos (1.878); Cambados, con 39 menos (1.652); Caldas de Reis, con 35 menos (1.279) e Bueu, con 33 menos (1.207) foron os municipios onde cuantitativamente se creou máis traballo. Pola contra, Ribadumia e A Illa de Arousa foron a excepción. En ambos os dous creceu lixeiramente o número de demandantes de emprego.
Marzo 2014 | Febrero 2014 | Variación mensual | |
Pontevedra | 8.666 | 8.872 | -206 (-2,32%) |
Barro | 426 | 437 | -11 (-2,52%) |
Bueu | 1.207 | 1.240 | -33 (-2,66%) |
Cambados | 1.652 | 1.691 | -39 (-2,31%) |
Campo Lameiro | 229 | 239 | -10 (-4,18%) |
Caldas de Reis | 1.279 | 1.314 | -35 (-2,66%) |
Cotobade | 496 | 510 | -14 (-2,75%) |
Cuntis | 621 | 630 | -9 (-1.43%) |
O Grove | 1.400 | 1.460 | -60 (-4,11%) |
A Illa de Arousa | 458 | 456 | 2 (0,44%) |
A Lama | 275 | 283 | -8 (-2,83%) |
Marín | 2.663 | 2.710 | -47 (-2,66%) |
Meaño | 665 | 697 | -32 (-4,66%) |
Meis | 608 | 608 | 0 |
Moraña | 560 | 561 | -1 (-0,18%) |
Poio | 1.761 | 1.767 | -6 (-0,34%) |
Ponte Caldelas | 788 | 791 | -3 (-0,38%) |
Portas | 347 | 367 | -20 (-5,45%) |
Ribadumia | 573 | 563 | 10 (1,78%) |
Sanxenxo | 1.878 | 1.917 | -39 (-2.03%) |
Vilaboa | 703 | 714 | -11 (-1,55%) |
Vilagarcía de Arousa | 5.210 | 5.213 | -3 (-0,06%) |
Vilanova de Arousa | 1.235 | 1.239 | -4 (-0,32%) |
Os datos locais van en consonancia cos que o mes de marzo deixa na provincia de Pontevedra, onde o paro baixou en 1.356 persoas. En total, Pontevedra ten inscritos 110.256 demandantes de emprego, un 1,21% menos que o mes pasado e 5.051 menos (un 4,38% menos) se se compara cos datos de marzo do 2013.
En España a baixada do paro cífrase en 16.620 persoas inscritas menos no mes de marzo, e fíxoo sobre todo en Galicia, onde se rexistraron 3.609 desempregados menos, a terceira comunidade con mellores cifras, segundo os datos publicados polos servizos públicos de Emprego.
España ten rexistrados 4.795.866 parados, 239.377 menos que hai un ano. O Goberno destaca que as cifras deste mércores representan o mellor comportamento do paro rexistrado nun mes de marzo dende o ano 2006.