É habitual atopar numerosos nenos participando no Entroido, pero a verbena do martes na Ferrería é unha cita pensada en exclusiva para eles.
A Festa Pirata é unha actividade deseñada para facer canteira e asegurar que o ambiente de entroido perviva no ADN pontevedrés.
Aínda que se ofrece un tema para elixir o disfrace, non todos os nenos escollen a vestimenta de pirata e na Ferrería divírtense en harmonía superheroes, monstros, animais e outros personaxes de fantasía.
Ademais da música dos éxitos superventas un grupo de animación entretivo cos seus xogos, acrobacias e malabares aos centenares de pequenos que participaron na festa.