Pontevedra cobrará 315.000 euros a Audasa polo IBI da AP-9

Pontevedra
27 de xaneiro 2024

O recibo do imposto de bens inmobles (IBI) que paga anualmente Audasa ao Concello de Pontevedra pola AP-9 multiplicarase de maneira exponencial a partir deste ano. O motivo? A fin da bonificación que os municipios que atravesa a autoestrada debían aplicar á compañía

Peaxe da AP-9
Peaxe da AP-9 / Mónica Patxot

O recibo do imposto de bens inmobles (IBI) que paga anualmente Audasa ao Concello de Pontevedra pola AP-9 multiplicarase de maneira exponencial a partir deste ano. O motivo? A fin da bonificación que os municipios que atravesa a autoestrada debían aplicar á compañía.

Os concellos estaban obrigados a bonificar ata un 95% do IBI, en virtude da lei de autoestradas aprobada en 1972, aínda en época franquista. Pero este beneficio chegou á súa fin, xa que tiña data de caducidade, en agosto de 2023.

Así, o recibo que o consistorio pontevedrés virará a Audasa este ano será bastante máis elevado dos 15.740 euros que pagaba a multinacional ata o de agora.

Os cálculos municipais reflicten que a concesionaria da AP-9 terá que pagar a partir de agora a Pontevedra 314.081 euros cada ano polos quilómetros que ocupa a autoestrada ao seu paso polo termo municipal pontevedrés.

Este mesmo trámite están a seguilo outros municipios polos que pasa a autoestrada, entre eles Vigo ou Caldas de Reis, que tamén ingresos superiores aos 300.000 euros cada ano.

En total, estímase que Audasa terá que pagar uns 7 millóns de euros en total a todos os concellos polo que discorre o trazado da AP-9.