O Servizo de Disciplina Urbanística e Medio Ambiental do Concello de Pontevedra vén de aprobar a resolución que autoriza a ampliación do horario de retirada de veladores durante as festas do Entroido 2022.
O Centro Comercial Urbano Zona Momunental foi a entidade responsábel da presentación da solicitude, xa aprobada, que requería a ampliación do horario para a retirada dos veladores durante a semana de entroido. Na práctica a aprobación desta solicitude é traducida nunha ampliación do horario de trinta minutos.
Así, as terrazas da hostalería poderán permanecer na rúa ata as 02.00 horas durante a celebración do Entroido, ao quedar recollido na ordenanza de veladores que, con carácter xeral, os veladores deben ser recollidos ás 01.30 horas.
Desde o día 26 de febreiro ata o día 6 de marzo, ambos os dous inclusive, o horario de recollida de veladores será ás 2.00 horas en caso de quixer os establecementos facer uso desta ampliación.
Nesta noite, de venres a sábado, xa se podería aplicar a modificación excepcional da normativa.