A cidade de Pontevedra acolle o 31 Congreso Internacional de Xerontoloxía e Xeriatría que organiza a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría durante os próximos 27, 28 e 29 de xuño co lema "Galicia, liderando a lonxevidade Europea. Oportunidades e retos". O congreso celebrarase no Pazo da Cultura.
Este congreso internacional céntrase na inigualable situación lonxeva de Galicia, que xa sobresae como das 10 rexións con porcentaxes de poboación máis elevadas de Europa, coas provincias de Ourense e Lugo entre as cinco primeiras máis envellecidas.
Os participantes neste congreso reflexionarán sobre as causas do envellecemento poboacional, o estudo dos aspectos positivos, a oportunidade das investigacións transversais ou de futuro, e tamén abordarán a obrigada promoción dunha atención de calidade ou o vello debate sobre a necesidade dunha lóxica coordinación sociosanitaria.
O congreso é un encontro científico e profesional para evidenciar unha nova realidade que parece superarnos, xa que nunca anteriormente na historia da humanidade alcanzáronse sociedades tan lonxevas como a galega actual.