Pontesán, unha ferramenta para loitar contra a desinformación sobre saúde e benestar

Pontevedra
07 de abril 2025
Actualizado: 20:29

O Día Mundial da Saúde foi a data escollida para presentar a sexta edición de Pontesán

PonteSán 2024
PonteSán 2024 / Mónica Patxot

Aproveitando a conmemoración do Día Mundial da Saúde, o Concello de Pontevedra aproveitou para presentar oficialmente a que será a sexta edición de Pontesán, Feira de Saúde e Benestar de Pontevedra.

Consilidada xa como "o maior evento socio-sanitario de Galicia", a nova edición do evento tardará aínda en celebrarse, xa que terá lugar os días 26 e 27 de setembro.

Nesta ocasión porá o foco na información e sobre todo na desinformación ao redor da saúde, o benestar e os hábitos de vida saudables, apuntando cales son as mellores vías fiables para buscar información e como valorar as noticias sobre saúde que proliferan en medios de comunicación e redes sociais.

Participou na presentación a concelleira de Benestar Social, Anabel Gulías, xunto a María Jesús Monterde, presidenta de CEDDD-Galicia, e Aldara Fernández, responsable de Asistencia Sanitaria da Rede Galega de Promoción da Saúde do Sergas, "un aliado necesario neste proxecto e que vai máis aló, estendéndose a colaboración á Escola de Saúde Pública", explicou a edil.

Esta temática escollida acompañará á principal de cada ano, sensibilizar sobre a importancia da saúde e o benestar, visibilizar distintas discapacidades e os retos de quen as sofren, promover a actividade física e reivindicar a equidad social e a inclusión.

Presentación de la sexta edición de Pontesán
Presentación da sexta edición de PontesánConcello de Pontevedra

A varios meses aínda para a súa celebración Pontesán vai perfilando o seu programa, no que non faltarán, avanzan, debates e relatorios de temas como: Sexualidade na 3ª Idade, sobre-medicación, enfermidades xenéticas, acoso escolar a nenos e nenas con discapacidade, o punto SIGRE derecogida de medicamentos ou consellos sobre como presentar reclamacións sanitarias.

Ademais na próxima edición da feira está previsto, como novidade, ofertar visitas guiadas e actividades para centros educativos e de maiores.

Gulías lembrou na presentación que Pontevedra é parte da Rede española de cidades saudables desde o ano 2004, un selo de calidade orotgado pola Federación Española de Municipios e Provincias.