Unha nova actividade está prevista para esta próxima fin de semana dentro doprograma Ponteandadas, que promove a Concellería de Deportes e o Naturgaliza Club, dentro o proxecto A Vida é Movernos.
A proposta desenvolverase polas parroquias de Lourizán e Salcedo cunha visita ao Parque Etnoarqueolóxico das Cabanas Prehistóricas de Outeiro das Mouras, na parroquia pontevedresa de Salcedo. A camiñada desenvolverase ao longo do domingo 26 de xuño.
A saída está prevista para as 10.00 horas partindo desde as instalacións do Complexo Deportivo Rías do Sur, en Ponte Muíños. O itinerario ofrece unha dificultade de nivel medio e a duración estimada sitúase en tres horas.
Para inscribirse é necesario enviar unha mensaxe cos datos persoais ao correo electrónico: [email protected] ou chamando ao teléfono 625.428.636. As persoas interesadas deberán dar o seu nome completo; número de DNI; data de nacemento; dirección dun correo electrónico; e teléfono de contacto. A inscrición gratuíta tamén pode realizarse de maneira presencial na tenda Naturcamiña, situada no número 3 das Galerías Peregrina.
O prazo para presentar as solicitudes finaliza ás 00.00 horas do mércores 22 de xuño.