Ata 182 persoas participaron este domingo nunha nova cita organizada polo programa Ponteandadas polas inmediacións do encoro do Pontillón do Castro.
É a maior cifra de participación nesta edición desta actividade física e de saúde, organizada pola concellería de Deportes de Pontevedra.
Tras xuntarse no punto de encontro, situado na pista de piragüismo de Verducido, os camiñantes percorreron o ámbito natural no que se insire o encoro.
Foi en grupos de máximo vinte persoas que, con máscara obrigatoria e distancia mínima de dous metros, tiveron que cumprir as medidas impostas pola pandemia, seguindo as indicacións dos monitores de non adiantalos e de manterse sempre no mesmo grupo.
A ruta estivo marcada e indicada con frechas amarelas e contou con monitores titulados e servizo de ambulancia.
O programa Ponteandadas terá o seu colofón o 21 de novembro cunha nova saída polo parque forestal da Tomba.
Os interesados en participar xa poden xestionar as súas inscricións a través da dirección de correo electrónico [email protected] ou do whatsapp 625 48 26 36.