Ponte Caldelas tamén rende homenaxe a Carlos Casares

Ponte Caldelas
19 de maio 2017

Os alumnos do instituto de ensino secundario de Ponte Caldelas e os escolares de terceiro ciclo da ESO do colexio Cordo Boullosa sumáronse este venres ás celebracións do Día das Letras Galegas cun festival celebrado na discoteca Mika (antiga Reyvi) coa colaboración do Concello alidade.

Festa das Letras Galegas na discoteca Mika
Festa das Letras Galegas na discoteca Mika

Os alumnos do instituto de ensino secundario de Ponte Caldelas e os escolares de terceiro ciclo da ESO do colexio Cordo Boullosa sumáronse este venres ás celebracións do Día das Letras Galegas cun festival celebrado na discoteca Mika (antiga Reyvi) coa colaboración do Concello.

O Festival das Letras Galegas adoita celebrarse na Alameda, pero este ano cambiou de ubicación polo temor ao mal tempo que se recollía nas previsións meteorolóxicas e polas dificultades de montar o escenario case coincidindo coa feira.

A festa incluía unha lectura de textos do escritor Carlos Casares, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017, un concurso de preguntas sobre a súa vida e un fío condutor de exaltación da lingua galega. Tamén se ofreceron actuacións musicais e mesmo baile e entre os presentes estiveron o alcalde, Andrés Díaz, e o concelleiro Manuel Barreiro, que tamén é director do Cordo Boullosa. 

A celebración completouse cun pequeno festival dos maios, no que houbo coplas satíricas dedicadas a personalidades locais e cuestións de actualidade.

Arquivado en