O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, informou que o Concello xa formalizou oficialmente a solicitude de devolución do Imposto sobre as Vendas Minoristas de Determinados Hidrocarburos (o denominado "céntimo sanitario") ante a Axencia Tributaria.
Este tributo gravaba os hidrocarburos e foi creado polo Goberno no ano 2001 co obxectivo de financiar as competencias en materia de Sanidade das Comunidades Autónomas.
En febreiro de 2014, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea considerou ese tributo ilegal e obrigou a devolver as cantidades recadadas por ese concepto.
Ademais dos transportistas, os concellos tamén resultan prexudicados e teñen dereito á devolución dese tributo pagado nas diferentes facturas de carburante que foron aboadas tanto para gasóleo de calefacción coma para vehículos.
A Axencia Tributaria arbitrou vía telemática o procedemento para solicitar a devolución, que o Concello de Ponte Caldelas acaba de realizar solicitando a devolución deste gravame correspondente aos anos 2010, 2011 e 2012 (a partir desta data deixou de aplicarse). Os anos anteriores estaba prescritos. En total calcúlase que a Axencia Tributaria terá que devolver ao Concello algo máis de 3.500 euros.