O Concello de Ponte Caldelas solicitou a colaboración de empresas e particulares para atopar alimento co que manter o gando nas zonas afectadas polos incendios.
En concreto o goberno local pide a doazón de forraxe ou herba seca ao comprobar que se trata dunha das necesidades máis urxentes.
O lume botou a perder a práctica totalidade das reservas de forraxe nas zonas afectadas, xa que se viu afectado a contorna de 25 dos 33 núcleos que compoñen o municipio.
Por ese motivo o alcalde, Andrés Díaz, instou a entidades e persoas que queiran colaborar a que se poñan en contacto co Concello, coa intención de organizar unha recollida conxunta seguida dunha repartición inmediata aos afectados, xa que non se dispón de ningún lugar para poder almacenar o alimento dos animais e mantelo seco.
Díaz estima que máis dunha vintena de explotacións gandeiras, domésticas ou dun uso máis extensivo, víronse afectadas por esta situación de emerxencia.
Neste sentido, xa se notificou unha importante doazón de 4.000 quilos de forraxe por parte da empresa Forrajes Salnés.