Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade coinciden no seu rexeitamento ao proxecto eólico dos Cotos

Ponte Caldelas
31 de decembro 2022

A administración que dirixe Andrés Díaz presenta alegacións contra esta iniciativa, mentres que a que preside Jorge Cubela mostrará o seu rexeitamento unánime nun pleno extraordinario e súmase ás mobilizacións veciñais

Asemblea veciñal para analizar o parque eólico dos Cotos
Asemblea veciñal para analizar o parque eólico dos Cotos / Cristina Saiz

Os concellos de Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade mostran o seu rexeitamento ao proxecto eólico dos Cotos.

A administración que dirixe o socialista Andrés Díaz ten xa preparadas as alegacións que presentará contra esta iniciativa, mentres que o concello que goberna Jorge Cubela convocará un pleno extraordinario para mostrar o rexeitamento unánima ao proxecto e comezar a elaborar, con todos os colectivos forestais, alegacións contra este parque eólico.

As alegacións de Ponte Caldelas están centradas na fragmentación do proxecto e en todas as afeccións patrimoniais, ambientais e sociais que tería sobre as aldeas do municipio a liña de evacuación que leva asociada esta infraestrutura.

No seu caso particular, Díaz ameaza con levar á Xunta aos tribunais se se chega a producir a autorización para a instalación deste parque eólico.

"Non nos temblou o pulso cando nos enfrontamos a Augas de Galicia e ó Concello de Vigo para defender o Río Verdugo e tampouco vai acontecer agora", advirte o rexedor.

Pola súa banda, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, acaba de anunciar a convocatoria dun pleno extraordinario e monográfico que ten como obxectivo mostrar o rexeitamento institucional á instalación do parque eólico dos Cotos.

Doutra banda, o mandatario popular ten convocada unha asemblea veciñal para informar a todas aquelas persoas afectadas ou que queren conseguir información sobre a tramitación do parque e o posicionamento municipal.

As comunidades de montes participarán tamén neste encontro que está previsto para o día 7 de xaneiro no pavillón de Carballedo. Tamén apoia o Concello a concentración veciñal convocada para o dia 9 de xaneiro.

Arquivado en