Ponte Caldelas destina 70.000 euros aos seus clubs e á organización de eventos deportivos

Ponte Caldelas
19 de novembro 2020

O apoio aos equipos de fútbol, atletismo e ximnasia, así como a colaboración con eventos como a BTTroita ou as concentracións de motos e vehículos clásicos figuran no orzamento do Concello para o 2021

V Concentración Moteira de Ponte Caldelas
V Concentración Moteira de Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

O Concello de Ponte Caldelas destinará unha partida de 70.000 euros dos orzamentos do 2021 para o apoio ao deporte local e a organización de eventos deportivos no municipio.

O documento recolle o apoio económico a entidades como o SCD Ponte Caldelas, ao atletismo, á ximnasia rítmica e aos equipos de fútbol de veteranos do municipio. 

Así mesmo, está contemplada tamén o financiamento das clases de ximnasia para maiores, a BTTroita, a subida a Ponte Caldelas, a concentración de motos e de vehículos antigos, así como o compromiso de apoiar todas as iniciativas deportivas que xurdan no termo municipal.