Ponte Caldelas dá por pechada a campaña solidaria en beneficio dos afectados polos incendios

Ponte Caldelas
09 de abril 2018

A campaña solidaria posta en marcha polo Concello de Ponte Caldelas e Cáritas para recadar fondos para as persoas damnificadas polos incendios do mes de outubro rematou co reparto dos fondos recollidos na conta solidaria ás familias máis prexudicadas. Foron un total de 16.760 euros 

O alcalde, Andrés Díaz, e o presidente de Cáritas de Ponte Caldelas, Manuel Lois
O alcalde, Andrés Díaz, e o presidente de Cáritas de Ponte Caldelas, Manuel Lois / Concello de Ponte Caldelas

A campaña solidaria posta en marcha polo Concello de Ponte Caldelas e Cáritas para recadar fondos para as persoas damnificadas polos incendios do mes de outubro rematou co reparto dos fondos recollidos na conta solidaria ás familias máis prexudicadas.

Segundo informou o Concello de Ponte Caldelas a través dun comunicado, a conta solidaria recadou un total de 16.760 euros grazas á vaga de solidariedade que chegou dende diferentes puntos de España. 

O Concello e Cáritas fixeron unha valoración social das familias a partir dos seus ingresos, unha valoración técnica das perdas e unha valoración humana. En base a esas valoracións repartíronse os fondos recadados. Iso si, utilizouse o criterio de non repartir cartos, senón de repoñer os efectos e, na medida do posible, adquirilos no comercio local.

Froito da inquedanza das institucións e a sociedade caldelá, decidiron non facilitar nin a identidade das persoas beneficiadas nin a listaxe dos bens doados, en estrito respecto da súa intimidade e dignidade. 

Entre os doantes figuran a Asociación de Veciños de Santa María de Pazos de Borbén, a asociación de comerciantes Coempo, o colexio de A Lama, o colexio Antamirano (Madrid), a empresa Carlin e, moi especialmente, a asociación Ponte Caldelas Solidaria. Tamén o propio Concello de Ponte Caldelas, que correu con gran parte dos gastos de organización do Festival Solidario.

Arquivado en