Ponte Caldelas aproba un presuposto para o 2014 de 3,1 millóns de euros

Ponte Caldelas
06 de febreiro 2014

A corporación municipal de Ponte Caldelas aprobou, cos votos a favor do PPdeG, os presupostos do 2014 que alcanzan un montante total de 3.196.959,92 euros. O voceiro socialista, Andrés Díaz, explicou o voto en contra do seu grupo ao orzamento por tratarse dunhas contas municipais "pouco útiles, decepciónantes, opacas, resignadas e continuistas"

A corporación municipal de Ponte Caldelas aprobou, cos votos a favor do PPdeG, os presupostos do 2014 que alcanzan un montante total de 3.196.959,92 euros. Unhas contas que, segundo o goberno municipal, manteñen os servizos básicos ao cidadán e contemplan un aumento do 31,25% na partida destinada a axudar a familias en situación de urxencia social. Ademais prevé un investimento en obras no municipio, en colaboración con outras administracións públicas, de 1.158.000 euros.

O voceiro socialista, Andrés Díaz, explicou o voto en contra do seu grupo ao orzamento por tratarse dunhas contas municipais "pouco útiles, decepciónantes, opacas, resignadas e continuistas, coa intención de manter o que hai mentres o pobo segue mantendo os seus problemas. Unha aparente obsesión por cadrar as contas sen buscar solucións". Según dixo "é preocupante ver como nalgúns casos é un copia e pega tan evidente que nin lle cambiaron o ano".

Os socialistas de Ponte Caldelas ofreceran o seu apoio o goberno local se contemplaba entre outras medidas, un obradoiro de empleo para 50 parados en dúas tandas de seis meses, ademáis propuxeron un plan de aforro enerxético "serio, para reducir o elevado gasto de case 400.000 euros en facturas o ano", ou medidas concretas para a promoción do comercio local.

Pola contra criticou que o goberno local creou un novo imposto de "coeficiente de verteduras" que supuxo unha suba do 100% na taxa de saneamento; creou un sistema de sancións pola auga que supuxo triplicar o que se pagaba, unha suba de impostos do Mercado, unha creación un imposto aos feirantes, unha suba do 100% da taxa reguladora de cemiterios, incrementos de multas pola Policía Local, etc".

O momento máis tenso do Pleno viviuse durante o debate sobre o soldo do alcalde.

Andrés Díaz criticou o "desmesurado salario" que segue percibindo Perfecto Rodríguez "malia que a lei aprobada polo seu partido lle obrigou a baixalo, quedando en de 3.214 euros en 14 pagas" e, segundo o voceiro socialista, "na réplica Perfecto Rodríguez adoptou unha actitude irrespectuosa propia dun inquisidor acostumado a que ninguén lle leve a contraria".

Perfecto Rodríguez na súa intervención recriminou a Andrés Díaz, as continuas referencias en prensa a uns supostos "privilexios" dos que dispón o alcalde ligándoos á partida de "gastos de protocolo" e ratificou que o que figuraba baixo ese epígrafe se refería "única e exclusivamente a atender cuestións extraordinarias relacionadas coa doazón de trofeos e medallas para o deporte escolar, o obsequio dunha placa de xubilación a un traballador municipal, o envío dalgún ramo de flores en caso de falecemento dalgún familiar directo de funcionarios ou persoal do Concello ou na axuda á participación en competición dalgún deportista local e nunca para uso privativo do alcalde, como insinúa vostede continuamente dun xeito malintencionado".

Segundo o alcalde, por todos estes conceptos gastaron o pasado ano menos de 500 euros.

Finalmente os membros da Corporación Municipal saudaron a reincorporación aos plenos, despois da súa enfermidade, do concelleiro socialista José David Garrido que o mantivo ausente destes durante un longo período de tempo.