Ponte Caldelas apraza o desfile de Entroido á mañá do domingo 23

Ponte Caldelas
04 de marzo 2025
Actualizado: 05 de marzo

Ao pasar a horario matutino o Concello prescinde da verbena e o baile que tiña anteriormente previsto para o remate do Desfile

Desfile do Entroido en Ponte Caldelas 2016
Desfile do Entroido en Ponte Caldelas 2016 / Carlos Xerardo Casais

O Concello de Ponte Caldelas cambia a data da celebración do seu desfile de Entroido pola previsión de choiva para este venres, 7 de marzo.

A nova data para este desfile é o domingo 23 de marzo, ás 11.00 da mañá.

Ao pasar a horario matutino o Concello prescinde da verbena e o baile que tiña anteriormente previsto para o remate do Desfile.

Había máis de 1.500 persoas inscritas para participar.

O percorrido previsto sairá da Rúa Brasil pasando pola Avenida de Pontevedra, Rúa da Ponte, Rúa Emigrante continuando pola Rúa Marín, Praza de España para finalizar na Alameda.

O Concello de Ponte Caldeas premia a participación de grupos e comparsas coa entrega de cantidades fixas de 600, 500 e 300 euros dependendo do número de integrantes de cada formación.

Ademáis o Concurso de Entroido conta con premios de entre 300 e 100 euros distribuidos nas categorías de comparsas, grupos, individual e parellas e infantil.

A entrega de premios levarase a cabo no Centro Cultural da vila.