A recentemente creada asociación 'Mulleres en Igualdade' convoca a todos os cidadáns a dicir na rúa un non rotundo á sentenza que condena aos cinco membros de 'La Manada' acusados de violar en grupo a unha moza de 18 anos a nove anos de prisión polo que o tribunal considera un episodio de abusos sexuais continuados.
O colectivo, que agrupa a mulleres de Cerdedo-Cotobade, A Lama e Ponte Caldelas, convoca a unha concentración o vindeiro domingo 29 de abril en Ponte Caldelas. Está prevista para as 13.00 horas na Alameda.
A concentración leva por lema 'Irmá, eu créote', en referenia ao hashtag #YoTeCreo / #EuCréote que se creou en redes sociais en apoio á vítima do brutal delito e para trasladarlle a opinión social de que os feitos ocorridos durante os San Fermíns de hai dous anos foron unha violación grupal, como o denunciou a moza, e non un episodio de abusos sexuais.