'Ponte a conducir' para coñecer os sinais cando circulas en bicicleta ou moto

Poio
21 de setembro 2024

Os participantes poderán realizar un circuíto de karts, peóns e ciclistas, participar nun concurso de debuxo sobre educación viaria, nun taller de primeiros auxilios de Cruz Vermella e nunha exposición de vehículos dos servizos de emerxencias

Actividades da oitava edición de Ponte a Conducir
Actividades da oitava edición de Ponte a Conducir / Concello de Poio

A novena edición da xornada de seguridade viaria "Ponte a conducir" estará dirixida a divulgar os sinais que deben coñecer todos os usuarios das vías que circulan en bicicleta ou moto.

Será con dúas citas, o vindeiro sábado 28 de setembro na contorna da piscina de Baltar (Portonovo) e o sábado 19 de outubro no parque Eguren, en Marín.

Os participantes poderán realizar un circuíto de karts, peóns e ciclistas, participar nun concurso de debuxo sobre educación viaria, nun taller de primeiros auxilios de Cruz Vermella e nunha exposición de vehículos dos servizos de emerxencias.

Será necesario que cada neno ou nena leve o seu propio medio de transporte e casco para utilizar no circuíto.

Esta xornada está dirixida a menores de educación infantil e primaria (desde 3 a 12 anos) cun total de 120 prazas e tamén para familias. As actividades realizaranse de 10 horas a 13 horas.

Os interesados poderán inscribirse presencialmente no circuíto ou no correo ponteaconducir@gmail.com.