Policía Local, Protección Civil e Bombeiros farán vixiancia para detectar lumes

Pontevedra
10 de xullo 2013

A Concellaría de Protección Cidadá mantivo este mércores unha reunión operativa con todos os corpos de emerxencia da cidade para analisar o risco de incendio forestal en Pontevedra, e as posibles actuacións. Na reunión acordouse que a Policía Local e Protección Civil, en coordinación con Bombeiros farán un servizo de vixiancia para a detección de lumes forestais no concello

Parroquia de Ponte Sampaio
Parroquia de Ponte Sampaio /

A Concellaría de Protección Cidadá mantivo este mércores unha reunión operativa con todos os corpos de emerxencia da cidade para analizar o risco de incendio forestal en Pontevedra, e as posibles actuacións. A reunión estivo dirixida pola concelleira Carme da Silva e asistiu o xefe de Bombeiros, Manuel Torres, o presidente de Protección Civil, Hermenegildo Rodríguez Nova, e José Manuel González Abal, inspector principal da Policía Local.

Na reunión acordouse que a Policía Local e Protección Civil, en coordinación con Bombeiros farán un servizo de vixiancia para a detección de lumes forestais no concello. De ser o caso, darán aviso ao 112, e de estar próximos a núcleos habitados se estenderá este aviso aos Bombeiros para a protección de vivendas e os seus residentes. Esta precaución estenderase no caso de extremo risco de incendio.

Seguindo as indicacións dos profesionais que advirten que polas condicións climatolóxicas da primavera e do verán, o 2013 pode ser un ano perigoso no que a lumes forestais se refire, o Concello de Pontevedra terá preparado en todo momento o protocolo de actuación testado no ano 2006, cumplimentado coas melloras introducidas polos profesionais dos tres corpos nesta reunión.

Este protocolo que se porá en marcha en caso de emerxencia extrema, é o seguinte:

  • Constituír un grupo de mando composto pola concelleira delegada, o xefe de bombeiros, o responsábel de Protección Civil, e o xefe da Policía Local. A función fundamental deste órgano é avaliar a situación en tempo real e decidir como empregar os recursos dispoñibles.
  • O grupo de mando instalarase na xefatura da Policía Local, xa que alí disponse de información máis inmediata ao seren verificadas as demandas de auxilio.
  • Solicitarase a colaboración de pertencentes a entidades públicas e privadas alleas ao Concello (Exército, Inusa, Aquagest⿦).
  • Todos os medios dispoñibles, así como o persoal encargado para o seu manexo, concentraranse no parque de bombeiros para unha maior operativa e mellor eficacia na resposta.
  • Farase un filtrado da información para asignar recursos a aqueles casos máis urxentes. O procedemento articularase do seguinte xeito:
    • As demandas de auxilio que chegarán a través da central do 092 ou polo 112, ou procedentes dos propios bombeiros.
    • Coa maior urxencia enviarase unha patrulla da Policía Local ao lugar para informar a cerca da magnitude do incendio, proximidade aos bens afectados, instalacións en perigo
    • Coa información facilitada, o grupo de mando decidirá as prioridades de actuación, sendo o xefe de bombeiros o encargado de dar as ordes oportunas para mover os recursos dispoñibles.

 

Arquivado en