A moda dasmapping party ou encontros vinculados ao proxecto OpenStreetMap para cartografar de forma colectiva un determinado espazo chegou este sábado a Poio, situándoo no mapa desta práctica innovadora e voluntaria e, ao mesmo tempo, mellorando a información sobre o municipio que existen con licenza libre.
O centro Xaime Illa de Raxó acolleu a xornada Mapping Party Poio15 organizada pola asociación XeoPesca en colaboración co Concello e as asociacións SCD Raxó e ACDeM Armadiña co obxectivo de pasalo ben mentres se aumentaban os datos xeográficos cunha licenza libre da contorna marítima do municipio.
Á xornada asistiron finalmente, segundo confirmaron os organizadores, 25 persoas. En base a ese grupo, conformáronse equipos de traballo repartindo as zonas a cartografiar e, logo de recibir formación sobre como empregar a aplicación osmAndroid, realizaron o traballo de campo durante toda a mañá
A xornada tivo carácter gratuíto e rematou pola tarde con varias horas de traballo en ordenadores para poder compartir los datos OSM.Todo o proceso puido seguirse nas redes sociais coa etiqueta #mappingpartypoio, tanto empregando a conta de twitter ou a páxina de facebook de XeoPesca.