Poio rebaixa o nivel de preocupación por covid-19 e permanece, como Pontevedra e Marín, en alerta laranxa

Pontevedra
20 de outubro 2020

A cidade de Pontevedra ten este martes 170 casos activos, 16 máis que o luns. En Marín tamén subiron os casos nas últimas 24 horas e hai 36 casos activos de coronavirus, tres máis que o luns. No seu caso, ademais, con estes novos contaxios subiu de nivel de alerta, pasando do 1 do luns ao 2 deste martes

Máscara no conxunto escultórico do Fiel Contraste
Máscara no conxunto escultórico do Fiel Contraste / Mónica Patxot

A situación epidemiolóxica de Poio mellorou lixeiramente nas últimas 24 horas e baixou do nivel 3 (vermello) que tiña o luns ao nivel 2 (laranxa), de tal forma que o Servizo Galego de Saúde tan só mantén o máximo nivel de alerta nun municipio da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Vilagarcía de Arousa.

No caso de Poio, segundo informou o Concello, hai este martes 32 casos activos por covid-19, un menos que o luns. Para determinar o nivel de alerta, de todos os xeitos, non se utilizan os datos diarios, senón un baremo da última semana. 

Desta forma, ao baixar a nivel 2, Poio sitúase no mesmo nivel de alerta que Pontevedra e Marín, aínda que, a diferenza destes municipios, non subiu a incidencia nas últimas 24 horas

A cidade de Pontevedra ten este martes 170 casos activos, 16 máis que o luns

En Marín tamén subiron os casos nas últimas 24 horas e hai 36 casos activos de coronavirus, tres máis que o luns. No seu caso, ademais, con estes novos contaxios subiu de nivel de alerta, pasando do 1 do luns ao 2 deste martes.

Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés tamén permanece en nivel 2 Vilanova de Arousa, con 27 casos activos por covid-19, dúas máis que o luns.

Outros tres municipios están en nivel de alerta 1 (amarelo) pola incidencia da pandemia na última semana. Trátase de Sanxenxo, Vilaboa e Cambados.

Sanxenxo, segundo informa o Concello, ten 18 casos activos, un máis que o luns.

O resto dos municipios da área sanitaria mantéñense no nivel de alerta 0 (verde), tras detectarse neles menos de sete positivos en covid-19 no últimos sete días.