Poio participará en Fitur formando parte do stand da Red de Pueblos Mágicos de España

Poio
18 de xaneiro 2022

Combarro ou a Variante Espiritual do Camiño Portugués son algúns dos atractivos cos que conta o municipio para continuar consolidándose como referente turístico durante todo o ano

Combarro
Combarro / Terras de Pontevedra

Poio terá visibilidade na Feira Internacional de Turismo formando parte do stand da Red de Pueblos Mágicos de España, á que está adherido Combarro desde 2019. 

A concelleira de Turismo, Silvia Díaz, explicou que esta rede está composta por máis de 70 vilas, das que só catro son galegas (Portomarín, Ribadavia, Cambados e Combarro).

As persoas que se acheguen a o stand terán á súa disposición folletos, ademais de planos turísticos, revistas e vídeos promocionais ademáis do Pasaporte Máxico, unha fórmula a través da cal a Red de Pueblos Mágicos quere facilitar a organización de viaxes, excursións e escapadas ás localidades adheridas. 

A concelleira de Turismo explicou que este xoves o Concello de Poio tamén estará representado no acto de presentación da campaña que a Deputación de Pontevedra desenvolve a través de Turismo Rías Baixas. Posteriormente, Silvia Díaz acudirá á presentación da campaña O Salnés no Camiño, no cal Poio participa por ser a primeira etapa da Variante Espiritual do Camiño Portugués. 

Durante 2021 Poio tivo a visita de máis de 5.000 peregrinos "cantidade que ao longo de 2022 podería aumentar de xeito exponencial, ao ser tamén Ano Xacobeo", indicou Díaz.

Arquivado en