Poio Mostra, unha feira multisectorial "imprescindible para encher de vida e xerar riqueza no noso concello"

Poio
05 de abril 2025

A segunda edición da feira multisectorial e de vehículos de ocasión Poio Mostra arrancou este venres 4 de abril na Reiboa e estará aberta ata o domingo

Segunda edición da feira Poio Mostra
Segunda edición da feira Poio Mostra / Concello de Poio

Máis de 30 comercios da comarca participan, desde este venres 4 de abril, na segunda edición de Poio Mostra.

A feira multisectorial e de vehículos de ocasiónabriu as súas portas na Reiboa, organizada pola asociación empresarial EnPoio coa colaboración do Concello.

Até o domingo día 6, os que até alí se acheguen atoparán produtos de moda, alimentación, decoración, complementos, xardinaría e até vehículos.

Unha iniciativa que "simboliza o esforzo conxunto, é unha oportunidade para facer visible todo o seu traballo, para dar a coñecer aos nosos veciños todo o que poden atopar no noso municipio, no pequeno comercio, sen necesidade de desprazarse para facer as súas compras", afirmou o alcalde, Ángel Moldes.

Foi nunha inauguración á que tamén asistiu o director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, e a presidenta de EnPoio, Loli Otero.

Moldes insistiu no "apoio decidido" do Concello de Poio ao comercio, aos autónomos e aos emprendedores, como un acto "imprescindible para encher de vida e xerar riqueza, benestar e emprego o noso concello".

Segunda edición de la feria Poio Mostra
Segunda edición da feira Poio MostraConcello de Poio

Entre as novidades da segunda edición da feira, o tres días contará con pulpeiro, ademais de premios a través dun 'rasca e gana'.

Ademais ás 19.00 horas do sábado está previsto un desfile de moda infantil e adulto no interior da carpa.

A entrada a Poio Mostra é de balde.

Todo cun horario o sábado de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 22.00 horas e o domingo de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.