Poio homenaxea con motivo do 8M a cinco mulleres que "axudaron a construír a vila que somos hoxe"

Poio
07 de marzo 2020

Preto dun cento de persoas acudiron esta noite ao Casal de Ferreirós para participar na homenaxe municipal a María del Carmen Rodiño (San Salvador), Teresa de la Fuente (San Xoán), Divina Barreiro (Combarro), Genoveva Sanmartín (Samieira) e Manuela Gómez (Raxó)

Homenaxe a cinco mulleres de Poio con motivo do 8M
Homenaxe a cinco mulleres de Poio con motivo do 8M / Concello de Poio

Preto dun cento de persoas acudiron esta noite ao Casal de Ferreirós para participar na homenaxe municipal a María del Carmen Rodiño (San Salvador), Teresa de la Fuente (San Xoán), Divina Barreiro (Combarro), Genoveva Sanmartín (Samieira) e Manuela Gómez (Raxó).

Estas mulleres son as protagonistas da programación de Poio polo 8 M, Día Internacional da Muller.

"Es de justicia, ya que todas ellas, a través de su esfuerzo y de sus vivencias, ayudaron a construir la villa que somos hoy en día", sinalou no acto o alcalde, Luciano Sobral.

A homenaxe estivo conducida pola concelleira de igualdade, Silvia Díaz, resaltando a traxectoria vital das homenaxeadas, que "deben ser un exemplo e poden abrir o camiño hacia futuras xeracións", defendeu.

Participaron na xornada, celebrada este venres, representantes dos diferentes grupos da corporación municipal, e ademais membros do colectivo Fun polo Vento aproveitaron a ocasión para presentar o libro 'Mulleres de Poio 2020'. Durante os relatos se procedeu a debuxar un pequeno mural, coa colaboración da ilustradora Tania Solla, responsable das imaxes do libro. Tamén tomou parte no acto o músico Antón  Ké.