A cancelación das contas que o Concello de Poio ten en NovaGalicia Banco foi unha das posibles medidas de presión acordadas este xoves na reunión celebrada entre os afectados en Poio polas preferentes e subordinadas e os responsables municipais.
Os afectados esixen ademais que intercedan ante outras administracións.
Á reunión asistiron o alcalde, Luciano Sobral; a tenente de alcalde, a socialista, Chelo Besada, a edil de Cultura, Silvia Díaz (BNG) e a concelleira Celeste Nieto (PP) quen insistiron no seu compromiso cos afectados.
Luciano Sobral solicitará entrevistas co presidente do FROB, o presidente da Xunta, o presidente de NovaGalicia Banco e ata o Ministro de Economía, Luís de Guindos.