Poio delega no ORAL a xestión das multas de tráfico que impoña a Policía Local

Poio
11 de xaneiro 2024

Esta delegación, indica o Concello de Poio, inclúe a colaboración na tramitación do procedemento sancionador en materia de tráfico, así como a recadación das multas  

Policía Local de Poio
Policía Local de Poio

O Concello de Poio fixo xa efectiva a delegación da xestión das multas de tráfico impostas pola Policía Local ao ORAL, oficina de recadación tributaria dependente da Deputación de Pontevedra.

Esta delegación é efectiva desde este mesmo mes de xaneiro, dando cumprimento ao acordo adoptado polo pleno municipal do pasado mes de outubro.

A cesión, indica o Concello de Poio, inclúe a colaboración na tramitación do procedemento sancionador en materia de tráfico, así como a recadación das multas.

Trátase segundo defende a edil de Seguridade Cidadá, Maritxe González, de "un cambio de tendencia en Poio, que conta cun importante listaxe de servizos privatizados".

De feito asegura o goberno local que cunha unha recadación estimada de 180.000 euros anuais en multas, o importe do servizo do ORAL sería de 25.000 euros, case a metade do custo que tivo para o Concello este servizo durante os últimos anos.