Poio dá a benvida aos vinte e un bebés nados entre abril e xuño

Poio
13 de xullo 2024

Saioa, Dylan, Luca, Iván, Valeria, Darío, Vega, Hugo, Nicolás, Lara, Claudia, Xiana, María Yuliana, Vega, Alaia, Hugo, Vega, Noa, Alexandra, Xián e Rodrigo son os vinte e un nenos e nenas nados en Poio desde o mes de abril e os últimos en recibir a caixa de benvida da man do alcalde Ángel Moldes  

Nenos e nenas nados en Poio desde o mes de abril
Nenos e nenas nados en Poio desde o mes de abril / Concello de Poio

Saioa, Dylan, Luca, Iván, Valeria, Darío, Vega, Hugo, Nicolás, Lara, Claudia, Xiana, María Yuliana, Vega, Alaia, Hugo, Vega, Noa, Alexandra, Xián e Rodrigo son os vinte e un nenos e nenas nados en Poio desde o mes de abril e os últimos en recibir a caixa de benvida da man do alcalde Ángel Moldes.

Nun acto no salón de plenos, no que participaron as familias destes bebés, Moldes recordou que "un nacemento é sempre un motivo de ledicia e de orgullo para as familias, pero tamén para o noso concello, porque estes nacementos significan vida, crecemento e futuro".

Durante a celebración, o rexedor fíxolles entrega da caixa con algúns produtos "para axudarvos a comezar esta bonita viaxe" e reafirmou que "estamos empeñados en facer de Poio un lugar cómodo para nacer, para crecer, para vivir con oportunidades e con servizos de calidade".

Tamén subliñou que a metade da poboación do concello ten menos de 45 anos e case o 12% son menores de 12 anos.

Por iso, engadiu, "sabemos que necesitades espazos, servizos, iniciativas e medios de apoio para mellorar a vosa calidade de vida" e reafirmou o compromiso de seguir traballando "para impulsar medidas e servizos que vos faciliten ese camiño, para facer de Poio un concello dinámico, de futuro e pensado para as familias".

No último ano, o Concello de Poio xa entregou as caixas benvida a preto dun centenar de bebés.