Poio axudará ao pobo ucraíno con parte dos Fondos de Emerxencia Social

Poio
12 de marzo 2022

O Concello reparte folletos entre os centros educativos da vila e carteis á Asociación de Empresarios EnPoio para dar conta das fórmulas axeitadas e das liñas abertas para recadar fondos destinados a Acnur, a asociación que opera en Ucraína

Persoas fuxindo da guerra en Ucraína
Persoas fuxindo da guerra en Ucraína / Unicef

O Concello de Poio utilizará parte dos Fondos de Emerxencia Social para realizar unha achega directa a Acnur para axudar ao pobo de Ucraína. 

A concelleira de Servizos Sociais, Rosa Fernández, indicou que "estamos realizando as xestións para completar a tramitación, que tamén ten que recibir o visto bo do Pleno". 

Xa houbo familias que se puxeron en contacto con Servizos Sociais para acoller a persoas refuxiadas. 

O departamento de Servizos Sociais vén de repartir polos centros educativos do municipio folletos informativos sobre as actuacións que se están a desenvolver desde o Concello de Poio para axudar ao pobo ucraíno. Tamén se  entregaron carteis á Asociación Empresarial EnPoio, para que se empracen nos establecementos asociados. 

A través deste material informativo faise fincapé na recomendación da Federación Galega de Municipios de Provincias (FEGAMP) de que non se faga acopio de alimentos, mantas ou materiais de primeira necesidade. 

 

Arquivado en