Atendendo ás boas previsións meteorolóxicas para a vindeira fin de semana e como preludio do inicio da campaña de verán, dende o Concello de Poio se está levando a cabo traballos de limpeza e acondicionamento de todos os areais municipais para poder desfrutar delas nas mellores condicións.
Ademais, nesta ocasión e ante as altas temperaturas que se agardan para sábado e domingo, en previsión de que sexan moitos as persoas que vaian a pasar un día de lecer na praia, se van revisar todas as fontes de auga, instalar as duchas e os colectores de lixo de recollida selectiva para ofrecer un servizo de calidade.
SOCORRISTAS
Ademais, o Concello de Poio xa enviou a oferta pública o Servizo de Emprego para contratar ás persoas que formarán parte da grupo de socorrismo no municipio para este verán.
Esta equipa estará composta por un total de seis persoas, que como ven sendo habitual atenderán e axudarán, de ser preciso, as usuarias e bañistas das praias de Xiorto en Raxó e de Cabeceira en Lourido a partir do vindeiro mes de xullo.