Poesía e fotografía para clausurar o obradoiro Namórate de Ti

Pontevedra
27 de decembro 2020

Poesía, performance e fotografía foron algunhas das expresións artísticas exhibidas durante a clausura deste obradoiro, impulsado pola concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra

Clausura do obradoiro "Namórate de Ti"
Clausura do obradoiro "Namórate de Ti" / Concello de Pontevedra

O primeiro andar do mercado de abastos foi o lugar elixido para o acto de clausura do obradoiro de autoestima e empoderamento feminino Namórate de Ti.

Poesía, performance e fotografía foron algunhas das expresións artísticas exhibidas durante a clausura deste obradoiro, impulsado pola concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM) de Pontevedra.

As responsables desta iniciativa foron a animadora sociocultural Tegra Gómez e a fotógrafa e creativa Patricia Maquieira.

O evento incluíu a presentación do calendario Namórate de Ti 2021 e o pase dun vídeo elaborado polas compañeiras que non puideron asistir.