Poesía contra a construción da A-57

Pontevedra
27 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Baixo o título 'Por un rural Vivo', a poeta de orixe neerlandesa Noa Noor organizaba unha noite temática coa presenza de integrantes da Plataforma de afectados pola obra da autovía A-57. Estela Eirín, portavoz do colectivo, recitou un poema composto por ela hai 20 anos cando comezaba a loita veciñal en Xeve e Bora contra a infraestrutura. Durante o acto fixéronse doazóns para apoiar a causa

Acto poético contra a A-57
Acto poético contra a A-57 / Plataforma Bora Xeve A-57

Cun recital de poesía a micro aberto e con música desenvolvíase no local pontevedrés de Nasantiña un acto reivindicativo de apoio á Plataforma de afectados pola construción da autovía A.57.

Baixo o título 'Por un rural Vivo', a poeta de orixe neerlandés Noa Noor era a encargada de organizar este evento ao que asistiron integrantes da plataforma.

Diversas persoas realizaron a lectura de poemas, acompañadas pola música de Luis Herrero e Arturo Delgado.

Entre as participantes atopábase Estela Eirín, portavoz da Plataforma, que recitou un poema composto por ela fai vinte anos cando se iniciaba o movemento veciñal en Xeve e Bora contra a infraestrutura.

O colectivo considera que a construción desta estrada supoñerá a creación dun "muro de Berlín" para a veciñanza debida aos altos niveis de ruído que se van a orixinar. Ademais, consideran que a obra destruirá 6.000 metros cadrados da Rede Natura no río Lérez.

Ao longo do acto, o público realizou doazóns para colaborar coa causa. A recadación destínase ao colectivo ecoloxista Adega que está a loitar ante a Audiencia Nacional para tentar paralizar o proxecto. 

Arquivado en