PODCAST.- Primeira falacia sobre emprendemento: "Monta o teu negocio para facer o que che gusta"

Pontevedra
23 de setembro 2024
Actualizado: 09 de outubro

Natalia de Santiago é experta no ámbito financeiro e empresarial. Na teoría e na práctica. Emprende, divulga e escribe sobre estas cuestións. Despois de dous libros sobre economía publica agora 'Emprede en positivo'. En breve sumará outro título á saga infantil 'Money academy'. Charlamos con ela no podcast 'Cara a cara' de PontevedraViva Radio

Natalia de Santiago é emprendedora, divulgadora e tamén escritora
Natalia de Santiago é emprendedora, divulgadora e tamén escritora /

Arrancamos a charla con Natalia de Santiago preguntando por ese verbo que utiliza para o titulo do libro que acaba de publicar: 'Emprende en positivo'.

Empréndese moito ou pouco en España? e responde: "o tecido empresarial español é fundamentalmente de autónomos, pequenas e moi pequenas empresas, aínda que as famosas sexan as grandes. Si que hai moitos aínda que se fala pouco deles e son os grandes esquecidos da economía; pero incítase pouco ao emprendemento".

Continúa a conversación, case obligadamente: por que? e as causas son varias. Unha pode estar na falta ou ausencia de contidos financieiros nos ciclos obrigatorios da educación en España, "na parte de finanzas persoais suspenden estrepitósamente porque non hai ou hai moi pouco e dáse de forma transversal e en temas de emprendemento hai algo pero é escaso e optativo", e engade que nos superiores pode ser mellorable.

Outra razón está no medo ao fracaso, "os españois somos moi aversos ao risco e todo o que signifique unha mala experiencia que vaia aparellada a unha perda de diñeiro como poden ser as empresariais, adoita estar mal visto. Isto habería que cambialo. Os datos din que cando abres un negocio quen ten máis posibilidades de éxito é quen xa emprendeu e tivo éxito e o seguinte quen emprendeu e fracasou, non quen non o fixo nunca. Certamente hai que cambiar o chip".

E outra circunstancia que pode condicionar, que ocorre con todos os impostos que se pagan aquí?, "o que pode suceder é que o talento emprendedor se vaia. Ese é un risco, claro e quen manda téñeno que valorar moito porque se desincentivamos o emprendemento ese diñeiro pódese ir fóra das nosas fronteiras e ímonos a quedar sen talento e sen innovación".

Previamente á introdución de 'Emprende en positivo' a autora, que é emprendendora, divulgadora e tamén escritora, coloca unha frase de William Bruce Cameron: "Non todo o que pode contarse conta, nin todo o que conta pode contarse".