Podas en altura dos eucaliptos de grande porte do paseo central do Miradoiro

Pontevedra
08 de xuño 2013

O Departamento de Parques e Xardíns realizou durante esta semana traballos de limpeza e poda dos eucaliptos do paseo central do Miradoiro de Monte Porreiro. Son traballos incluídos dentro dun plan moito máis amplo que está a abarcar a outros arboretos e parques da cidade para solucionar as pegadas dun inverno longo e difícil como o deste ano, que ocasionou caídas de árbores, ramas rachadas polo vento, especies descalzadas, entre outros danos

Traballos de poda no Mirador de Monteporreiro
Traballos de poda no Mirador de Monteporreiro / Concello de Pontevedra

O Departamento de Parques e Xardíns realizou durante esta semana traballos de limpeza e poda dos eucaliptos do paseo central do Miradoiro de Monte Porreiro. Son traballos incluídos dentro dun plan moito máis amplo que está a abarcar a outros arboretos e parques da cidade para solucionar as pegadas dun inverno longo e difícil como o deste ano, que ocasionou caídas de árbores, ramas rachadas polo vento, especies descalzadas, entre outros danos.

No Miradoiro de Monte Porreiro fíxose unha limpeza e poda dos eucaliptos de grande porte do paseo central que presentaban pólas a piques de caer, outras rachadas⿦ Para estes traballos foi necesario unha poda en altura polo sistema de trepa, ao igual que se fixo anteriormente no arboreto de eucaliptos da Illa das Esculturas.

Estes traballos obedecen á necesidade de refozar a seguridade neste espazo de encontro veciñal e de visita continúa polos pontevedreses. Resulta habitual que se produzan rachados de ramas, roturas de árbores e outro tipo de situacións perigosas nos eucaliptais polas características propias da especie.

Dende o Departamento de Parques e Xardíns faise un seguimento permanente aos eucaliptais do centro urbano (especialmente o Miradoiro e a Illa) para coñecer o seu estado e facer un constante tratamento para evitar danos aos viandantes.

Dende o Departamento estase a estudar a posibilidade de sinalar estes arboretos explicando ao paseante o perigo de caída de pólas en momentos de fortes ventos, como no caso do inverno.