A poboación da Boa Vila aumentou en 542 residentes

Pontevedra
06 de xaneiro 2025
Actualizado: 8:12

Aumentan os veciños despois de tres anos consecutivos de descenso no padrón

Vista da cidade de Pontevedra
Vista da cidade de Pontevedra / Mónica Patxot

A cidade de Pontevedra aumentou a súa poboación total en 542 residentes o pasado ano, alcanzando os 83.077.

Aumentan os veciños despois de tres anos consecutivos de descenso no padrón.

Segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) o censo estranxeiro mantense na Boa Vila no 5,4% con 4.528 habitantes no municipio. O ano anterior eran un 5,14%: 4.044 dunha poboación total de 82.592.

O INE indica que viven actualmente na cidade máis mulleres estranxeiras (2.391) que homes (2.137) procedentes doutros países.

Na provincia o saldo vexetativo é negativo, hai máis defuncións de nacementos o que se traduciu o pasado ano nunha diminución de 4.980 veciños. Esta cifra vese compensada polo o saldo migratorio que achega 6.611 novos habitantes.

Un último dato referido á capital, a ratio de dependencia sitúase en 2,4 traballadores para soster a cada pensionista. Hai que ter en conta que máis da metade dos concellos da provincia de Pontevedra ten un maior número de pensionistas que cotizantes.

O número de afiliados á Seguridade Social pechou 2024 en Galicia cun total de 1.079.573 persoas, o que supón que nun ano gañou 17.290 cotizantes (+1,63%), segundo os datos publicados o pasado venres polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

O pasado mes de decembro había en Galicia 693.348 pensionistas.