Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita que nos trae os aromas da cociña italiana e coa que imos aproveitar todos os beneficios dun dos peixes máis exquisitos e demandados: o bonito do norte.
O bonito do norte é un peixe azul rico en graxa saudable, xa que contén unha gran cantidade de ácidos graxos poliinsaturados. A esta calidade, hai que engadir os beneficios da súa presentación en aceite de oliva.
A pluma ou penne (en italiano) é un tipo de macarrón que se caracteriza polo seu corte oblicuo nos extremos, simulando a forma dunha pluma de escribir.
Para preparar unhas saborosas Plumas con pesto de cabaciña e bonito do norte Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 lata de bonito do norte en aceite de oliva Pescamar
- 300 g. de pasta tipo pluma
- 1 cabaciña grande
- 2 dentes de allo
- 40 g de follas de albáfega fresca
- 50 g de améndoas
- 40 g de queixo relado
- Sal
- Pementa
Preparación:
Fervemos a pasta durante 15 minutos e reservamos.
Lavamos a cabaciña e, sen pelar, relámola. Escorremos nun coadoiro, presionando para que solte a auga.
Nun vaso batedor, introducimos a cabaciña, os dentes de allo, as follas de albáfega, as améndoas, o queixo, o sal, a pementa e a lata de bonito do norte en aceite de oliva Pescamar, previamente escorrida e cuxo aceite reservamos. Batemos e, cando os ingredientes estean fusionados, imos vertendo o aceite de oliva da lata aos poucos, ata alcanzar a textura que desexemos, máis cremosa ou máis solta.
Nunha tixola, a lume baixo, colocamos a pasta e vertemos a mestura anterior. Mesturamos suavemente ata que estean integrados todos os ingredientes. Cando o prato alcance a temperatura desexada, retiramos do lume e servimos.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.