Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita que nos trae os aromas da cociña italiana e coa que imos aproveitar todos os beneficios das luras e os mexillóns de Conservas Pescamar.
Desde un punto de vista nutricional, a lura destaca polo seu contido en proteínas de gran calidade, necesarias para manter os músculos sans.
Os mexillóns posúen un alto contido en ferro e achegan proteínas de alto valor biolóxico que, unidas ao seu baixo contido calórico e graxo, fan un alimento ideal como alternativa ás carnes vermellas.
Para preparar unha deliciosa Pizza con luras e mexillóns Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 base de masa de pizza grande
- 1 lata de Luras en aceite de xirasol Pescamar
- 1 lata de Mexillóns en salsa de vieira Pescamar
- 400 g. de tomates
- 150 g. de queixo mozarella especial para pizza
- 100 g. de gambas peladas
- 100 g. de paus de cangrexo
- 100 g. de olivas verdes
- 1 cebola mediana
- ourego
- pementa negra
- sal
- aceite de oliva virxe extra
Preparación:
Prequentamos o forno a unha temperatura de 220ºC. Mentres tanto, fritimos a cebola picada miúda e os tomates pelados ata que se evapore o líquido. Unha vez fritidos, déixanse arrefriar.
Escorremos o contido das latas de Luras en aceite de xirasol Pescamare de Mexillóns en salsa de vieira Pescamar.
A base de pizza colócase sobre a placa de forno untada con aceite, deixando un pouco máis elevado o bordo exterior da masa. Picamos varias veces cun garfo por encima e distribuímos o rustrido de cebola e tomate que tiñamos reservado e por enriba o queixo. A continuación, colocamos as gambas, os paus de cangrexo en anacos, as luras, os mexillónso e as olivas.
Empoamos por riba unha culleradiña de ourego picado e un chisco de pementa e sal. Regamos cun pouco de aceite.
Introducimos a pizza en forno medio e servimos cando estea no seu punto.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.