Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar . Nesta ocasión, imos cociñar unha pizza que mestura a mellor tradición da cociña mediterránea cos produtos da dieta atlántica, como é o caso do atún claro e a alga leituga do mar.
Esta especie de atún tamén é coñecida polo seu nome en inglés: yellowfin tuna, traducido literalmente como atún de aleta amarela. A súa prezada carne é firme e rosada e de sabor máis suave que outros peixes da súa mesma familia. Pescamar presenta o atún claro na súa versión máis saudable e saborosa, con aceite de oliva. Deste xeito, combina as propiedades da cociña atlántica coas bondades da dieta mediterránea.
Para preparar unha deliciosa Pizza atlántica con atún claro Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 base de masa de pizza grande
- 2 latas de Atún Claro en aceite de oliva Pescamar
- 400 g. de tomates
- 150 g. de queixo mozarella especial para pizza
- 100 g. de gambas peladas
- 100 g. de alcaparras
- 100 g. de olivas verdes
- 1 cebola mediana
- ourego
- alga leituga de mar en po
- pementa negra
- sal
- aceite de oliva
Preparación:
Prequentamos o forno a unha temperatura de 220ºC. Mentres tanto, fritimos a cebola picada miúda e os tomates pelados ata que se evapore o líquido. Unha vez fritidos, déixanse arrefriar.
Escorremos e esmigallamos o contido das dúas latas de Atún Claro en aceite de oliva Pescamar.
A base de pizza colócase sobre a placa de forno untada con aceite, deixando un pouco máis elevado o bordo exterior da masa. Picamos varias veces cun garfo por encima e distribuímos o rustrido de cebola e tomate que tiñamos reservado e por enriba o queixo. A continuación, colocamos as gambas, o atún claro, as alcaparras e as olivas.
Empoamos por riba unha culleradiña de ourego picado, outra da alga leituga de mar en po e un chisco de pementa e sal. Regamos cun pouco de aceite.
Introducimos a pizza en forno medio e servimos cando estea no seu punto.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.