Os empregados das oficinas de Novagalicia Banco e do Banco Pastor encontráronse con pintadas na fachada e na cristaleira das sucursais na rúa Eduardo Pondal nesta mañá do martes 13, véspera da xornada de folga xeral. Nestas pintada lese "Folga Xeral. Tamén na Oficina de Emprego situada na mesma rúa, apareceron outras dúas pintadas realizada cun spray negro nas que se pode ler: "Folga xeral" e "Capitalismo = Terrorismo".
Non foron as únicas que se puideron ver nesta zona. No edificio de Construcuatro desa mesma rúa tamén apareceron varias frases reivindicativas e o mesmo sucede noutro local da rúa do Virxe do Camino, neste caso reivindicado pola Liga Estudantil Galega.